E temos que dar conta dun novo accidente acontecido na tarde do domingo no río Pedras, na Pobra. Este e o terceiro accidente en dez dias, e por segunda vez precisouse da axuda do helicóptero de rescate.
Un mozo que caeu nunha zona pedregosa do río Pedras na Pobra do Caramiñal tivo que se rescatado polos bombeiros de Boiro e Ribeira e trasladado polo Pesca-I ao hospital Clínico de Santiago. O varón mancouse nas costas nunha zona de difícil acceso. Os bombeiros tiveron que camiñar durante unha media hora para acceder ó lugar onde se atopaba o ferido, O accidente tiña lugar pouco antes das 3 da tarde, e non se rematou operativo ata as 6.
https://youtu.be/sOuYmtLMbFY