A Xunta apoia a instalación de caldeiras de biomasa en máis de 950 fogares galegos que aforrarán 800.000 euros ao ano

A Xunta de Galicia apoia a instalación de caldeiras de biomasa en máis de 950 fogares galegos a través das axudas para a creación, mellora e ampliación de equipamentos térmicos de biomasa. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da convocatoria. Os particulares aos que se lles concederon estes apoios poderán aforrar, en conxunto, 800.000 euros na súa factura enerxética anual e máis de 2 millóns de litros de gasóleo coa correspondente redución de emisións de 6.000 toneladas de CO2 ao ano.

Esta axudas, ás que se destinan 2,87 millóns de euros e que se prevé que mobilicen 6,4 millóns, enmárcanse na Estratexia Integral de Impulso á Biomasa con fins térmicos. A Xunta busca fomentar a eficiencia e diminuír o consumo de enerxías convencionais para reducir a dependencia enerxética do exterior, ao tempo que se impulsa a industria asociada e se mellora a xestión e o rendemento sustentable dos montes galegos.
Cofinanciados con fondos Feader, os apoios céntranse no rural. Entre os criterios de valoración tivéronse en conta os equipos máis eficientes e o uso da instalación, pero tamén a localización xeográfica.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.