O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe a importancia de garantir un desenvolvemento sustentable, para o que é necesario harmonizar a actividade económica, a protección da contorna natural e as construcións humanas. Fíxoo na nova lonxa de Ribeira, no marco da presentación da Fundación RÍA, Rede Innovación Arousa.
A fundación, pilotada polo prestixioso arquitecto británico David Chipperfield, nace tras ano e medio de traballo, coa finalidade de contribuir á reflexión sobre o territorio en coordinación e diálogo con distintos sectores e institucións, para planificar un futuro desenrolo sostible.
Para elo o equipo de David Chipperfield elaborou un documento de traballo que establece cinco piares para o desenvolvemento. A protección da contorna, a calidade dos produtos como eixo do desenvolvemento económico, o desenvolvemento das áreas portuarias, de xeito que se integren na vila en lugar de desenvolverse de costas a ela, a rehabilitación, e o redeseño da rede viaria.