O BNG da Comarca Muros-Noia decuncia que o goberno local de Outes lles negou o permiso para a realización de un acto previa ao Día da Patria. O consello comarcal decidiu como lugar óptimo para o desenvolvemento da propia o concello de Outes xa que conta cunha posición xeográfca perfecta e cos espazos públicos precisos.
Dende o executivo outiense argumentaron que xa tiñan un acto programado no municipio para o mesmo día e que entenden que non debe haber máis de un acto ao mesmo tempo en todo o concello. Un argumento que os nacionalistas consideran absurdo.

