Un vídeo documental sobre a forma de vida de Rianxo e a súa relación coa emigración marcará a diferencia das festas do Carme nesta vila do Barbanza.

Rianxo vive as festas do Carme este fin de semana, dende o 14 ata o 16 de xullo, mais este ano as festas, ademais da típica verbena, pasarrúas e atraccións, contará con unha novidade, a presentación dun vídeo no que se amosa a forma de vida desta vila. Pero este non será o único evento a destacar nas festas que comezaron hoxe. O domingo a procesión do Carme será especial, xa que os barcos achegaranse ata o centro da ría onde se encontrarán coas procesións de Carril e Vilaxoán.

Salir de la versión móvil