Medio Rural pon en marcha unha campaña de sensibilización fronte os incendios forestais para implicar a todos os galegos

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, presentou esta mañá a nova campaña da Xunta para fomentar a sensibilización e toma de conciencia social fronte os incendios forestais. Baixo os lemas Son cortalumes e Faite cortalumes, esta iniciativa busca implicar a todos os galegos nesta loita, a través de mensaxes nos medios de comunicación e nas redes sociais.

A conselleira, que estivo acompañada polo director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, explicou que a campaña é interactiva e ten como referencia a web http://www.soncortalumes.gal/. Indicou que este espazo en internet permitirá que calquera persoa que o desexe poida obter o seu diploma de cortalumes, co que xa contan a conselleira e o director xeral. Bastará con cubrir un formulario co nome e apelidos e o interesado recibirá por correo electrónico un certificado personalizado. Esta posibilidade estará dispoñible en breve na web.
Ángeles Vázquez sinalou que a toma de conciencia e a sensibilización social resultan fundamentais na loita contra os incendios forestais e que a prevención faise tanto no monte como nas rúas, nas vilas e aldeas, nos centros escolares e nas redes sociais. Por iso a Xunta enfocou esta campaña aos medios de comunicación e a internet.

https://www.youtube.com/watch?v=TiPy23k9w3Y

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.