Un ano máis, e con este xa van quince, o veleiro Laion de COGAMI levanta áncora, iza velas e sae navegar pola costa galega levando a bordo persoas que ao mellor non tiñan a oportunidade de achegarse á navegación, por carecer esta dun entorno accesible ás súas necesidades. Un ano máis, bota a navegar o proxecto GAVEA (Galicia Vela Adaptada).
Durante os días 13 e 14 de xullo, o veleiro estará atracado en Muros para realizar as travesías pola ría con persoas usuarias da Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR).
