130 alumnos de 25 provincias no curso sobre avances en criminoloxía e psicoloxía xurídica da Universidade de Santiago

Un total de 130 alumnos procedentes de 25 provincias españolas principiaron hoxe no Auditorio Municipal de Riveira un novo curso sobre avances en criminoloxía e psicoloxía xurídica. Desta vez é a Universidase de Santiago de Compostela a institución académica que respalda a celebración deste evento despois de que nos pasados anos fora celebrado no marco dos cursos de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

O acto inaugural contou coas intervencións do alcalde Manuel Ruiz, de Gualberto Buela-Casal e Ramón Arce como directores do curso e de José Díaz como secretario. Buela-Casal salientou que este curso de crimonoloxía é de longo o que máis alumnos apuntados logrou de todos os promovidos este verán pola USC e o único que superou o centenar de inscritos: un logro que na súa opinión se asenta na calidade dos relatores e no interese dos temas a tratar, algúns deles tan de actualidade como o perfil psicolóxico do incendiario forestal ou as autopsias psicolóxicas en mortes e desaparicións de alto risco.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.