O concello de Ribeira dotará de saneamento ao novo camiño que une o lugar de Martín co Touro

O Concello de Riveira aprobou a adxudicación dunha nova actuación de saneamento orientada a instalar este servizo no novo vial aperturado fai tres anos entre o lugar de Martín e O Touro a través da avenida das Airós.

O proxecto que se vai acometer consiste na instalación de 65 metros liñais de tubaxe de PVC liso con diámetro de 315 milímetros que será conectado á rede existente. Tamén se situarán dous pozos de rexistro e a zona de actuación será pavimentada cun firme de formigón.

A obra será realizada pola empresa Marqués de Marancán S.L. e o importe ascende a 8.907 euros, IVE incluído.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.