Tres persoas feridas, unha evacuada en helicóptero, nun accidente na AG-11

Dous adultos e unha menor resultaron feridos esta tarde nun accidente de tráfico rexistrado na Autovía do Barbanza, ao seu paso pola Pobra do Caramiñal.
O vehículo no que circulaban as vítimas saíuse da calzada e subiu a medianeira da autovía. Como consecuencia, o condutor do turismo quedou atrapado no seu interior. Despois de ser excarcerado polos efectivos de emerxencia, foi evacuado nun helicóptero a un centro hospitalario.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.