O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que nas vindeiras semanas Galicia terá un Plan Estratéxico da Conserva, froito dunha análise pormenorizada da industria conserveira, que permitirá imprimirlle ao sector “un rumbo certo cara ao futuro”.Fíxoo durante a visita á fábrica de Conservas La Brújula en Ribadumia,
O presidente da Xunta que visitou a fábrica de Conservas La Brújula en Ribadumia, apuntou que o sector ten que seguir crecendo de dous xeitos: internacionalizándose e tamén trasladándolles aos máis novos a importancia de consumir peixe e marisco, con campañas de difusión como as que leva a cabo a Xunta.O presidente avanzou que o Goberno galego seguirá contribuíndo a que estas compañías “dean un salto de calidade para poder competir a nivel global”, para o que destinará ao sector outros 96 millóns de euros máis ata 2020. Deste xeito, Galicia poderá manter e reforzar o liderado nun sector que lle dá emprego directo a 12.000 persoas e supón o 2,8% do noso PIB. Non se pode esquecer que España é o segundo produtor mundial de conservas e Galicia representa o 86% da produción a nivel nacional.
https://www.youtube.com/watch?v=n0h-CplJC-c