Unha colección de coches antigos acompañará a procesión na honra de San Cristovo polas rúas de Ribeira

As rúas da cidade van dar cabida este domingo día 9 de xullo a unha nova edición da Procesión de San Critovo: un evento moi popular en épocas pasadas entre a sociedade riveirense que volve a rexurdir polo empeño da asociación Alfaia, o Concello de Riveira e parroquia de Santa Uxía.

Os actos comezarán ás 10 horas co disparo de bombas de palenque e unha alborada a cargo do grupo de gaitas Xiada para dar paso ás 12.30 horas a unha misa solemne na igrexa parroquial cantada pola Coral Polifónica do Círculo Mercantil de Riveira: A liturxia celebrarse na honra de San Cristovo e nela se recordará ás vítimas de accidentes de tráfico.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.