Xunta e Goberno Central colaboran por quinto ano na loita, prevención e investigación dos lumes na nosa Comunidade

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado do Goberno, Santiago Villanueva, asistiron esta mañá á presentación do grupo da sección de cabalería da Policía Nacional desprazada a Galicia para prestar apoio no ámbito da Operación Lumes 2017.

No acto que tivo lugar no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, en Santiago, e ao que tamén asistiu o Xefe Superior da Policía en Galicia, Manuel Vázquez e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o vicepresidente da Xunta destacou que o dispositivo de prevención e loita contra incendios forestais que está operativo desde o 1 de xullo, o Pladiga, supera os 7.000 efectivos nesta tempada de alto risco. Nel participa persoal da Xunta, do Estado e dos concellos, nun exemplo de colaboración institucional que permite obter os mellores resultados, lograr sinerxías e minimizar os danos. Esa cooperación é fundamental para seguir traballando e mellorando cada día na prevención e extinción dos lumes, así como na loita contra os incendiarios.

A Unidade de Cabalería está composta por 15 axentes e 12 cabalos, que terán base en Santiago e Pontevedra, dende onde cubrirán as catro provincias galegas. O traballo da Unidade está coordinado polo Comité Integrado de Prevención de Incendios, o CIPIG 2017, que foi constituído a pasada semana, e onde tamén colabora a Policía Nacional, a Garda Civil e a Policía Autonómica, dos cales este ano un total de 260 axentes vixiarán os montes galegos, con 8 motos, 48 vehículos todoterreo e 21 vehículos camuflados.

https://www.youtube.com/watch?v=IotbEA9hySU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.