Os docentes poderán ampliar o próximo curso a súa formación en linguas, educación dixital e STEM

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou esta mañá o Plan anual de formación do profesorado para o curso 2017/18 que, ao igual que o anterior, seguirase estruturando en base ao Marco de competencias profesionais docentes. A demais, introduce unha serie de novidades vinculadas aos novos programas educativos ata 2020.

Dentro das dez liñas mestras que articulan o novo documento, destacan os plans específicos que se poñerán en marcha o vindeiro curso para dar resposta aos novos retos e oportunidades que se plantexan no sistema educativo galego. Así, desenvolverase un plan específico dirixido a apoiar ás persoas que desenvolven ou queren desenvolver funcións directivas nos centros. Ademais, e ao abeiro da nova Estratexia galega de linguas estranxeiras, EDUlingüe 2020, implantarase por primeira vez un plan específico co fin de promover a certificación do profesorado.
Do mesmo xeito, a futura Estratexia galega de educación dixital 2020, que se presentará en breve, conleva tamén o desenvolvemento dun documento específico de formación neste ámbito.O conselleiro, que agradeceu a implicación dos profesionais da Rede de formación, así como dos docentes que realizan as actividades, debullou algúns dos datos que deixa o plan do curso pasado. Deste xeito, cómpre destacar que se realizaron 2.806 actividades formativas

En palabras de Román Rodríguez, o Plan anual funcionará como unha folla de ruta para todos os docentes galegos que queiran ampliar a súa formación continua, partindo da base de que “todo o que se faga por mellorar a formación dos nosos profesores repercute directamente no alumnado e, en consecuencia, na sociedade en xeral”.

https://www.youtube.com/watch?v=9CYqKHBUZn8

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.