Dende esta mañá a Policía infantil de Ribeira volve a patrullar as rúas.

Se de algo presume Ribeira é de xente comprometida, que se implica en traballar a favor do ben común, e isto queda patente cando coñecemos ós 24 nenos e nenas que dedicarán parte das súas vacacións a axudar ós demais, dende o corpo da Policía Infantil. 8 nenos e 16 nenas que provistos de uniforme e credenciais percorrerán as rúas para axudar ofrecendo información os visitantes, comunicando incidencias á policía local, e mesmo colaborando coas procesións que se realicen nas diferentes parroquias. Toda unha labor que cada ano é a envexa de outros municipios. Esta mañá os integrantes da policía infantil e as súas monitoras foron recibidos polo alcalde na casa consistorial, onde ademais se fixo entrega das credenciais ás 9 novas incorporacións.

https://www.youtube.com/watch?v=I7DZkN5US88

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.