O Concello de Riveira informa de que con cargo ao Plan de Camiños Municipais 2017-2018 que convoca a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) se vai a efectuar a mellora de tres viais situados noutras tantas parroquias do municipio. Concretamente, actuarase nos camiños de Ardilleiro (Carreira), Espiñeirido (Olveira) e no camiño de Xarás a Outeiro (Artes), abarcando un total de 705 metros liñais.
O importe global de licitación destas tres obras ascende a 51.259,47 euros, IVE incluído. O prazo de execución son dous meses.