O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou onte na procesión do Santísimo, na parroquia ribeirense de Palmeira en Ribeira. Un ano más, as rúas próximas á igrexa cubríronse de alfombras florais multicolores, marcando o paso da comitiva. Os tapices foron elaborados por veciños da parroquia, que dedicaron o seu tempo e esforzo durante varios días para que todo estivese perfecto. Previamente oficiouse a misa correspondente á celebración do Corpus, na que tamén tomou parte o delegado.
Ovidio Rodeiro agradeceu en nome da Xunta de Galicia á invitación a esta festa e amosou especial interese en saudar e felicitar persoalmente aos veciños que desde hai día traballan para que as alfombras convertan esta celebración nunha espectacular manifestación de devoción en un atractivo turístico para a comarca do Barbanza.
https://www.youtube.com/watch?v=bHdLGpIIdwQ