Galicia contará con preto de 230 millóns máis para consolidar o crecemento e reforzar o gasto social

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a aprobación no Consello da Xunta do anteproxecto de lei de apoio ao crecemento económico e reforzo do gasto social, o que permitirá levar a cabo este ano accións en diversos eidos por un importe de preto de 230 millóns de euros.

Logo de precisar que os preto de 230 millóns que se inclúen na lei son recursos que Galicia vai recibir este ano a maiores do sistema de financiamento autonómico, pola mellora da economía galega e española, que se está a traducir nun incremento da recadación tributaria vencellada ao mercado laboral e ao consumo, Feijóo explicou que esta lei divídese en tres grandes bloques.

Feijóo explicou que no eido laboral, destinaranse 5 millóns a completar os programas de emprendemento e formación no rural; e os programas dirixidos aos colectivos máis desfavorecidos.
O compromiso do Goberno galego coa innovación estará reflectido nunha actuación por 3 millóns de euros para reforzar a aposta polo talento, as novas tecnoloxías e a Industria 4.0, con especial atención ás pequenas e medianas empresas.
Respecto ao eido marítimo, incluiranse partidas para as obras de construción de pantaláns para as embarcacións mexilloeiras de diversos portos galegos.
Noutra orde de cousas, Feijóo, destacou hoxe o inicio da tramitación do regulamento da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que se prevé aprobar definitivamente a finais de ano e permitirá simplificar os trámites das reestruturacións parcelarias para optimizar os usos do territorio rural e axudar a que as explotacións sexan máis rendibles e sustentables.Durante a súa intervención, o presidente da Xunta explicou que o novo regulamento afectará tanto ás actuacións en curso como ás que se poidan desenvolver nos vindeiros anos.

https://www.youtube.com/watch?v=0yNIvlzMVbU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.