Rosa Quintana destaca o labor de eficiencia enerxética e de innovación do porto de Vigo a través do plan ‘Blue Growth’

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe o labor de eficiencia enerxética e de innovación desenvolvido polo porto de Vigo a través da estratexia de Crecemento Azul ou Blue Growth, unha filosofía da política marítima europea que en Galicia lidera este porto co obxectivo de que sirva de modelo para outros. Fíxoo hoxe en Vigo na clausura da III Conferencia Green Energy Ports.

A titular de Mar felicitou ao porto de Vigo por ser un dos tres españois que dispoñen da categoría de Green Port, xunto a Valencia e Castellón e sinalou que o balance do seu plan Blue Growth “ata o momento é positivo”. De feito, explicou, abarca un total de 48 proxectos que se dividen nas áreas de competitividade e desenvolvemento socioeconómico, innovación tecnolóxica e sustentabilidade. É nesta última área na que destacan proxectos caracterizados polo uso de enerxías renovables, a modernización da actividade marisqueira e a recuperación do patrimonio marítimo, entre outros.
Neste sentido, a conselleira do Mar puxo como exemplo algunhas das iniciativas nas que traballa Galicia a través do plan do porto de Vigo.

https://www.youtube.com/watch?v=YTZ6YQgAYSA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.