Educación duplica o número de auxiliares de alto perfil académico en inglés

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e os representantes da Comisións Fulbright veñen de renovar o convenio para duplicar o número de auxiliares de conversa estadounidenses de alto perfil académico en inglés de cara ao vindeiro curso 2017/18. En concreto, serán un total de 24 as persoas que presentarán servizo nos IES galegos a través deste acordo, contribuíndo tanto a mellorar o dominio da lingua inglesa como ao fomento das vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñarías e Informática).

En concreto, a Consellería achegará máis de 213.000 euros a este cometido, o dobre que no curso 2016/17; mentres que a Comisión Fulbright destinará preto de 65.000 euros. A propia Comisión farase cargo do proceso de preparación e difusión da convocatoria e da preselección dos auxiliares de conversa, segundo os criterios de obxectividade, calidade e independencia que rexen os seus programas; e encargarase do seguimento do programa e da xestión do aboamento das compensacións mensuais ás persoas bolseiras, así como da organización dos seminarios de orientación e seminario de seguimento e evolución que se realiza para todas as persoas bolseiras Fulbright estadounidenses en España.

Esta acción enmárcase na nova Estratexia galega de linguas estranxeiras, EDUlingüe 2020, coa que se busca duplicar o número de auxiliares de conversa, ata chegar aos 1000. De feito, e xa de cara ao curso que vén, a previsión pasa por incrementar o número total de persoas que prestan este servizo en preto dun 10%, pasando das 504 actuais a 550, mantendo a Galicia como a segunda comunidade en ratio de auxiliares por alumno.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.