No encontro que mantivo esta mañá a conselleira de Infraestruturas e Vivenda cos alcaldes de Lousame e de Noia, María Teresa Villaverde e Santiago Freire abordouse o novo Plan de Transporte Público, que prevé 6 liñas para cubrir o servizo, entre elas, Ponte Beluso-Noia, por Ces e por Couto, e en 3 delas, Noia-A Pastoriza, Noia-Bursó, e A Silva-A Barreira, intégrase o transporte escolar, de xeito que os veciños disporán dunha parada máis preto que ata o de agora.
No que se refire ás achegas do Concello de Lousame, a Xunta modificará os percorridos e introducirá as paradas propostas de cara a incrementar a eficacia no servizo. Por exemplo, a liña 1 terá parada en Portobravo, onde se concentran os principais servizos, como o centro de saúde, o Concello, o Xulgado ou a Casa da Cultura. Variaranse os horarios para facer que o servizo sexa máis útil e funcional, que estea mellor adaptado ás necesidades dos usuarios. A intencion dos alcaldes é ofrecer un mellor servizo no rural.
O novo plan de transporte público prevé 6 liñas de autobús para os concellos de NOIA e LOUSAME, das que 3 se integrarán no transporte escolar, co obxectivo de que os veciños dispoñan de paradas máis preto que na actualidade
Please login to join discussion