A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, sinalou hoxe que toda a sociedade galega e as entidades e administracións con competencias na materia teñen “obrigas compartidas” na prevención e defensa fronte os lumes forestais. A Xunta –dixo– asume as súas e por iso, entre outras cousas, colabora cos concellos achegando 33 millóns de euros en tres anos para financiar o labor das brigadas municipais. Pero, insistiu a conselleira, os primeiros responsables neste eido son os titulares dos terreos forestais, e logo cada institución ou entidade no seu ámbito de competencias.
Ademais, a Xunta ven de lembrar estas obrigas a través dunha notificación a concellos, deputacións e organismos xestores de infraestruturas, como vías de comunicación ou redes de transporte de enerxía.
nselleira fixo estas valoración antes de presidir a reunión do Consello Forestal de Galicia, no que se avaliou a actualización do Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga). Vázquez indicou que este documento incorpora importantes novidades relacionadas coa mellora da seguridade do persoal e a operatividade do servizo, xa que vai ser posible ter localizados todos os medios humanos e materiais sobre o territorio.
A titular de Medio Rural falou tamén dos obxectivos do Pladiga e concretou que entre eles está o de reducir o número de lumes e a superficie afectada por baixo da media dos últimos anos, así como, tamén, o número de activacións de “Situación 2” . Por último, a conselleira fixo un chamamento a toda a sociedade para involucrarse na loita contra os incendios, co fin de reducir os danos sociais, económicos e ecolóxicos que provocan.
Ángeles Vázquez lembra que na loita contra os incendios forestais “todos temos obrigas compartidas”
Please login to join discussion