A Unión de Consumidores de Galicia denuncia as carencias no servis que ofrece o operador de comuniciación R

Segundo explican dende a Unión de Consumidores de Galicia estes ultimos dias conseguir contactar co número de atención ó cliente de R resulta imposible para miles de clientes. O motivo segundo R1 é que o mércores enviaron 300.000 comunicacións a tódolos seus clientes, acción que provocou o colapso do seu centro de atención. Estas comunicacións informaban dun cambio de tarifas debido ó paso da empresa cara a unha oferta totalmente converxente.

Unión de Consumidores de Galicia chamou en repetidas ocasións ó centro atención ó cliente de R. A primeira chamada foron catorce minutos en espera sen acadar o obxectivo de ser atendidos. A segunda, once minutos. A terceira, máis de dez minutos. As seguintes, seguiron o mesmo camiño. Apuntan que estes teñefonos deben estar operativos e atender os clientes, por este motivo, UCGAL estuda denunciar estes feitos ante as autoridades de consumo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.