O Carreira CF estreou o seu campo de herba artificial, grazas á cesión do campo ó concello de Ribeira,

a directiva do club agradeceu á corporación de Ribeira a sua disposición para que a renovación do campo con herba artificial , un soño de moitos anos, sexa por fin unha realidade. Francisco Sieira lembrouse dos fundadores do club, 16 , dos que quedan 8.

O alcalde de Ribeira apuntou da importancia de mellorar esta instalación, na que xogan tantos rapaces e rapazas. O rexedor ribeirense afirmou que apostar pola formación dos pequenos é o mellor que se pode facer dende o concello. No referente a esta actuación, queda pendente a reforma do peche perimetral e do aparcamento.

https://www.youtube.com/watch?v=zV7-fH6yY98

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.