A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de iniciar as obras de construción dos pantaláns para embarcacións pesqueiras no peirao de Cabo de Cruz, en Boiro.
A titular de Mar informou de que os traballos contan un orzamento de máis de 700.000 euros e que permitirán mellorar as condicións de traballo do sector profesional pesqueiro. Así mesmo, avanzou que Portos de Galicia estima que as obras de construción dos pantaláns quedarán rematadas no vindeiro outono. Ademais, a conselleira explicou que esta dotación permitirá crear prazas de amarre para 125 embarcacións de esloras ata 10 metros. Unha capacidade que dará resposta á totalidade da demandas existente na actualidade e ademais reserva máis de 30 prazas libres para ocupar no futuro.