Acompañado por patróns maiores de Rianxo, Vilanova e Cabo de Cruz, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou hoxe a implicación da Xunta para por a producir unhas das principais fontes de riqueza marisqueira de Galicia.
O patrón maior da confraría de Rianxo reclamou tamén a implicación do goberno galego para acordar o Plan de Xestión e sinalou a urxencia dunha actuación para mellorar a produtividade dos Lombos que, dixo, consiste nun “dragado moi sinxelo”.
Os socialistas urxen a implicación da xunta para aprobar o plan de xestión de recursos da RÍA DE AROUSA
Please login to join discussion