Icono del sitio CanalBarbanza.com

O concello de muros facilita formularios para env iar queixas ao ministerio e á consellería de presidencia, administracións públicas e xustiza polo deterioro do servizo no rexistro da propiedade

O Goberno Municipal de Muros, presidido por María Xosé Alfonso Torres, continúa manifestando a súa total oposición a que este municipio vexa suprimida a praza do Rexistro da Propiedade, que pasa a integrarse na Oficina do Rexistro da Propiedade de Corcubión. A alcaldesa de Muros recibiu varias queixas de distintas persoas que acudiron ao rexistro a realizar diversas xestións e comprobou que a oficina do Rexistro ubicada en Muros ten visto reducido o persoal á metade, tendo agora que acudir obrigatoriamente a Corcubión para consultas coa Rexistradora, tendo que efectuar os pagos por anticipado, tardando moito máis en recibir a documentación porque esta anda viaxando de Muros a Corcubión, etc……

Salir de la versión móvil