Unha persoa resultou ferida hoxe na AG-11, ao seu paso por Rianxo, nun accidente de tráfico. O vehículo no que circulaba a vítima saíuse da vía, deu varias voltas de campá e acabou batendo contra a medianeira da autovía.
O sinistro produciuse á altura da ponte de Taragoña, en sentido Ribeira. Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 13:50 horas de hoxe para dar conta dos feitos.
Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informouse decontado a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Boiro e de Ribeira. O sinistro tamén foi posto en coñecemento de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.
A persoa ferida foi trasladada nunha ambulancia a un centro sanitario, aínda que nun primeiro momento tamén se mobilizou ao lugar dos feitos un helicóptero medicalizado.
https://www.youtube.com/watch?v=AlZyaGUTHVI





