O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a elaboración dun programa asistencial integrado da ELA para mellorar a calidade de vida dos pacientes.
Durante a sinatura do convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Consellería de Política Social e a Fundación Francisco Luzón para impulsar a investigación sobre a esclerose lateral amiotrófica (ELA), Feijóo aseverou que a redacción deste programa permitirá, coa colaboración dos profesionais sanitarios e as asociacións de pacientes, organizar a dobre asistencia que se necesita para afrontar esta enfermidade: tanto a sanitaria como a social.
Máis polo miúdo, Feijóo subliñou que, nun primeiro termo, se axilizarán as respostas sociosanitarias segundo as necesidades dos enfermos, impulsando as consultas de acto único en todos os centros sanitarios e simplificando todos os trámites administrativos.
O presidente da Xunta concluíu agradecendo o compromiso e o labor desta fundación así como o da Asociación Galega de ELA e expresou o convencemento de que, co esforzo e o traballo conxunto, se atopará unha solución para esta enfermidade.
Galicia contará cun programa asistencial integrado da ELA para mellorar a atención sanitaria e social dos enfermos
Please login to join discussion