Alumnos do Ceip Plurilingüe de Frións premiados no programa «Atrévete a ter unha idea»

Albdelmouneim Houdd e Celia Blanco Pérez, alumnos do primaria do CEIP Plurilingüe de Frións (Ribeira) entre os 38 alumnos galardoados cos premios do programa Atrévete a ter unha idea posto en marcha pola conselleria de cultura para premiar o espiritu emprendedor
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou hoxe na entrega dos premios do programa Atrévete, que ten como obxectivo fomentar o espírito emprendedor entre os estudantes de ensinanza primaria e secundaria de toda Galicia. Nun acto celebrado no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia o titular do departamento educativo da Xunta salientou que a Consellería, a través do Plan Eduemprende, está fomentando desde as aulas, desde a base do sistema educativo, a cultura do emprendemento e unha sociedade receptiva ás melloras.
Neste sentido, explicou que a finalidade destes premios é recoñecer o esforzo, a iniciativa, a creatividade e a autonomía persoal do alumnado, “un recoñecemento ao voso trunfo como alumnos, pero tamén como persoas”.
Atrévete está dirixido ao alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria e de 1º e 2º curso de educación secundaria obrigatoria de todos os centros sostidos con fondos públicos. Ao abeiro deste programa leváronse a cabo xornadas de fomento do emprendemento para os rapaces de ESO, que incluíron visitas ás sedes das empresas e das asociacións empresariais colaboradoras. Ademais, os centros de primaria seleccionados recibiron a visita dun empresario que lles narrou a súa experiencia como emprendedor.
No marco deste programa convocouse un ano máis o concurso Atrévete a ter unha idea!, no que o alumnado debía presentar de xeito individual unha boa idea de negocio, explicada nun máximo de dous folios. Entre os galardoados dous alumnos de primaria do ceip plurilinguie de frions que recibiron cadanse lector de libro electrónico como premio

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.