As instalacións de Astilleros Catoira, en Rianxo, acolleron esta mañá a sinatura dun convenio entre a Consellería do Mar e Agalcari, para desenvolvemento de actividades de dinamización e fomento da construción de embarcacións de madeira. O documento foi asinado pola Conselleira do Mar, Rosa Quintana, que estivo acompañada pola directora xeral de desenvolvemento pequeiro susana Rodríguez, e o xerente de Asteleiros Catoira, e presidente de Agalcari, Ramón Collazo.
A esta colaboración a Consellería do Mar destina 28.000 euros e a través dela apoiará a Agalcari na organización de diferentes eventos promocionais da carpintería de ribeira como seminarios e congresos. Tamén na realización de estudos e na edición de publicacións sobre esta actividade e na adquisición de equipamento necesario para o funcionamento da asociación ou a realización das actividades. A vixencia desta colaboración é ata o 30 de decembro de 2017.
https://www.youtube.com/watch?v=Vy8NjWNeKaY