O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, anunciou a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), este xoves, 22 de xuño, da segunda convocatoria do programa Principia, orientado á contratación de investigadores novos por parte de empresas e organismos para facer do capital humano o factor diferencial das empresas e centros de coñecemento nos procesos para impulsar a súa innovación e competitividade. Asi o anunciou durante a visita que realizou ao centro tecnolóxico Aimen para coñecer os avances das catro Unidades Mixtas de Investigación que promove este centro con Copo, Wärtsila Ibérica e GKN Driveline.
Tal e como explicou o conselleiro, a Xunta investirá máis dun millón de euros co obxectivo de crear 100 novos postos de traballo cualificados nos que se primará a contratación indefinida e que as empresas ofrezan plans de formación. Tamén como principais novidades, incluirá a titulados de FP, mellores condicións salariais e unha maior simplificación administrativa. Os interesados, contarán cun prazo dun mes para presentar as súas solicitudes. Na anterior edición deste programa pioneiro, 33 empresas e organismos de investigación realizaron un total de 80 contratacións.
https://www.youtube.com/watch?v=BKVWgRfZmeg