O Concello de Ribeira impulsa durante este verán a través do seu Departamento de Cultura unha nova programación consistente nun ciclo de monólogos que terá lugar dende o 30 de xuño ata o 28 de xullo e no que catro reputados cómicos amosarán o seu bo facer en distintos puntos neurálxicos da cidade de Santa Uxía.
A iniciativa, que leva o título de “Chanzas na rúa” foi presentada hoxe na Casa do Concello pola concelleira Herminia Pouso, que destacou que un dos seus propósitos estriba en contribuír a dinamizar a hostalería local.
https://www.youtube.com/watch?v=vseBz_iyKZM