O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o cruceiro de ultraluxo que construirá Barreras suporá un dos fitos máis importantes que vai marcar o sector naval galego. Non en van, aseverou, será o barco civil máis caro construído ata o de agora nun estaleiro español.
Durante a presentación do acordo entre o estaleiro J. Barreras e a cadea The Ritz-Carlton Yacht Collection para construír esta infraestrutura, Feijóo afirmou que este proxecto supón un desafío, non só para este estaleiro, senón para o conxunto da industria auxiliar: porque este segmento de buques demanda estándares de calidade moi altos; e porque vai poñer a proba a capacidade de resposta xa demostrada por este sector. Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta asegurou que a tecnoloxía, a innovación e a diversificación seguirán orientando a actividade do sector naval galego, cara a novos segmentos cunha demanda crecente. Feijóo concluíu lembrando os datos que confirman o bo momento que atravesa o sector naval galego, logo de varios anos de moitas incertezas:
Feijóo salienta que o cruceiro que construirá Barreras supón un dos fitos máis importantes que vai marcar o sector naval galego
Please login to join discussion