Os ladróns entraron a plena luz do día nun céntrico piso de Riebira, aproveitaron que a propietaria saira a facer unhas xestións, entre as 10:30 e as 12.00 da mañá, coláronse no edificio, e realizaron un corte na porta dun dos pisos. Unha vez no interior da vivenda fixéronse con un ordenador portátil, unha cámara de fotos , un teléfono móbil e diversas xoias.
Ante a situación de inseguridade que se está a vivir en Ribeira a asociación de empresarios pide a convocatoria da Xunta Local de Seguridade .