Os percebeiros de Aguiño comezaron onte a extracción de percebe na zona norte, onde comprobaron a escasa produción existente nas pedras, porén a marea non era moi boa, e tampouco permitiu traballar ben.
Os cambios na climatoloxía e o furtivismo parecen estar detrás da escasa produción do crustáceo.
O prezo do produto foi bo na poxa, o percebe chegou a cotizar a 90 euros e descendendo ata os 16 euros, logrando unha media moi boa. Agora tratarán de manter os prezos para que a zona sexa mais rendible.
https://www.youtube.com/watch?v=NqopHAbxRro