A subdirección de calidade e atención ao paciente da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago reforza o servizo de traballo social da área compostelá.

O labor do traballo social no ámbito da saúde céntrase na investigación e tratamento dos problemas psicosociais relacionados coas situacións de enfermidade, mediante o traballo directo cos pacientes e/ou familias e en coordinación cos profesionais sanitarios dentro dunha atención integral ao paciente. Atención primaria é o nivel básico e inicial de saúde, que garante a atención ao longo de toda a vida do paciente. Esto supón un coñecemento das redes sociais para unha eficiente xestión dos recursos. O traballador social tamén intervén nunha situación de crise relacionada cunha inesperada enfermidade ou un accidente sobrevido xa que se necesita dun apoio para lograr adaptarse e sobrelevar esta nova situación.
Outra das funcións son labores de docencia en colaboración coa universidade. Tamén a participación en comités como son os de ética asistencial e o de coidados paliativos, forman parte da actividade de traballo social en saúde. A intervención realízase na poboación de todas as idades, pero debido ao envellecemento demográfico acúsase un incremento de persoas maiores de 80 anos.
Outra das intervencións que realizan os traballadores sociais do Hospital Clínico Universitario de Santiago dende o ano 2013, e dende finais do pasado ano no hospital da Barbanza, é o rexistro do documento de instrucións previas que no ano 2016 supuxo que 137 persoas acudiran a solicitar información e posteriormente 80 delas formalizaran o rexistro do documento.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.