González Formoso presenta en Boiro a nova actualización da EIEL, que “radiografía” das infraestruturas locais de Barbanza

O presidente da Deputación presentou aos alcaldes da comarca a Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais, desenvolvida en colaboración coa UDC, unha enquisa que recolle 4,5 millóns de datos sobre os equipamentos municipais.
As novidades desta nova versión da enquisa foron presentadas hoxe polo presidente provincial, Valentín González Formoso, aos alcaldes da comarca, nunha reunión celebrada na Casa do Concello de Boiro, á que asistiron os alcaldes e alcaldesas de Boiro, Muros, Rianxo e Outes, e concelleiros de Noia, Lousame, Ribeira, Carnota, Porto do Son e A Pobra, entre outros representantes municipais.

Salir de la versión móvil