Icono del sitio CanalBarbanza.com

Veciños de Muros quéixanse da redución de servizos no Rexistro da propiedade

A alcaldesa María Xosé Alfonso comprobará o venres se o Rexistro deixou de prestar algún dos servizos trala aplicación do Decreto.
A rexedora muradá pregúntase que vai gañar a cidadanía con este Decreto e que impide a sua paralización.
O Goberno galego comprometeuse a trasladar esta preocupación ao Colexio Oficial de Rexistradores da Propiedade, ao que lle solicitará que estude o caso e exerza como mediador para buscar unha solución a esta situación, mais en Muros temen que non sexa suficiente e a oficina mesmo acabe pechando.

Salir de la versión móvil