A feira do Libro aterra en Ribeira o 22 de xuño, co lema “ A ledicia de ler”. O programa da feira foi presentado esta mañá en rolda de prensa polo alcalde do municipio, Manuel Ruiz; polo vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia, Xosé Antón Pedreira; e polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro. O Alcalde de Ribeira destacou a importancia deste evento, enmarcado no xuño da cultura e as artes, malia que lamentou que os libreiros de Ribeira non se animasen a participar.
Promovida pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co apoio do Concello de Ribeira e da Deputación Provincial a feira do libro leva a Ribeira por terceiro ano consecutivo unha ampla programación de animación á lectura.
https://www.youtube.com/watch?v=A8GOrCNDCP4