O Goberno galego bonificará ata nun 100% os xuros dos préstamos destinados a financiar obras de rehabilitación de vivendas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe en rolda de prensa que o Consello vén de aprobar un investimento de 1,8 millóns de euros para bonificar ata nun 100% os xuros dos préstamos destinados a financiar obras de renovación e reforma de vivendas. Trátase dunha medida pioneira a través da cal a Xunta seguirá cumprindo co compromiso de impulsar as rehabilitacións e dinamizar os cascos históricos.

O Diario Oficial de Galicia publicará en próximas datas a convocatoria destas axudas correspondentes ao ano 2017. Neste senso, Rueda precisou que poderán ser beneficiarias desta axudas as persoas físicas que promovan as actuacións de rehabilitación, xa sexan propietarias ou teñan calquera outro título que acredite a posesión do inmoble; e no caso de actuacións promovidas por comunidades de propietarios, poderán ser beneficiarias os que sexan membros de dita comunidade e en función da súa porcentaxe de participación nas obras.
Os créditos serán sen xuros para as familias con ingresos de ata 4 veces o IPREM e a intereses baixos para as de ingresos superiores. No caso de persoas con ingresos maiores de 5,5, veces o IPREM e que non superen as 6,5 veces, aínda que non terán bonificacións nos intereses, si disporán de facilidades na concesión do préstamo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.