o proxecto de reparacion da xunta de dilatacion tivo un custe de 30.000 euros, pondo solución a un problema que acarrexaba dende fai anos esta infraestructura. Os traballos na ponte de Catoira consistiron na retirada dos antiguos soportes en poliestireno expandido, que provocaban que o taboleiro da ponte se levantase na zona central, ocasionando danos no firme. O novo sistema de apoios executado consiste nunha chapa de aceiro inoxidable e novos soportes entre a armadura e a plataforma.
Unha vez solventado o problema nos soportes, procedeuse a pechar o oco aberto na zona da xunta central, a recolocar a propia xunta de dilatación, fresar o firme e aplicar unha capa de 5 centímetros de mestura bituminosa.
As obras financiadas pola Deputación da Coruña tamén incluíron varias reformas para subsanar as deficiencias na armadura inferior do taboleiro, que estaba formigonada pero sen recubrimento, polo que se atopaba desprotexida da humidade. Neste caso, substituíse o formigón danado e as fraccións de armadura corroídas e posteriormente recubríronse as estruturas cun morteiro de resinas acrílicas e fibras de polipropileno, que mellorará a resistencia e evitará a corrosión.