A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a relación das 224 empresas coruñesas beneficiarias das axudas á contratación da liña PEL-Pemes do Plan de Emprego Local (PEL).
A través desta nova liña, dotada cun orzamento de preto de 3 millóns de euros para o exercicio 2017, a Deputación subvenciona a creación de 224 empregos noutras tantas empresas da provincia, financiando o 75% dos custes salariais totais, incluidas as cuotas á Seguridade Social, da persoa traballadora durante un período mínimo de un ano.
Trátase da primeira vez que a Deputación subvenciona directamente a creación de emprego no sector privado, a través dunha liña de axudas destinada a autónomos e pequenas e medianas empresas que teñan o seu domicilio fiscal en calquera dos 82 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.
https://www.youtube.com/watch?v=faq6YcJf04k