A Xunta destina unha achega de 56 millóns para apoiar novos proxectos industriais no eido da automoción e das TIC e avanzar cara a fábrica intelixente

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe unha achega de 56 millóns de euros para apoiar novos proxectos industriais no eido da automoción e das TIC e avanzar de cara a fábrica intelixente.

Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo afirmou que os proxectos, pertencentes a PSA Peugeot e á corporación Televés e seleccionados logo dun proceso de consulta ao mercado e unha convocatoria pública en concorrencia competitiva, permitirán: atraer investimentos a Galicia e avanzar no novo modelo industrial baseado na innovación; fixar tecido industrial e crear postos de traballo de calidade; e incrementar a competitividade de dúas industrias cun gran peso na economía da comunidade.
Nesta liña, precisou que as empresas implicadas, que investirán un total de 168 millóns de euros nas dúas iniciativas, comprométense a que, ademais do proxecto tecnolóxico, a fase de industrialización se desenvolva en Galicia.

https://www.youtube.com/watch?v=qEPCO7HEM2c

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.