O Fútbol Da Comarca Brillou Esta Fin De Semana

O bo inicio de encontro realizado polo Boiro no campo do Ribadeo non serviu aos de Barraña para sumar tres puntos. E iso que os de Juan Carlos Andrés adiantáronse 0-2 no marcador, pero acabaron perdendo 3-2 cun gol no minuto 87. O Ribadeo non se deixou amedrentar polos dous goles encaixados nos primeiros 15 minutos, e respondeu como puido aos ataques barbanceses.
Armental abriu o marcador no minuto 13 cun gran disparo e media altura que tocou o porteiro, pero non o suficiente para desvialo. Dous minutos despois os boiristas aumentaron a vantaxe tras un erro de Javi Liz, que cedeu o balón a Añón e este, con tranquilidade e coa meta baleira, meteu o segundo. O equipo de Manolo Vilachá non se foi do partido a pesar destes dous mazazos. Así, no 22, tras un centro de Cuki, Miguel empuxou un balón á rede case na liña de gol.
Cardeñosa non acabou o partido ao protestar unha xogada que entendía que era penalti e o colexiado sacoulle o segundo cartón amarelo.

O Noia está facendo unha tempada brillante. Onte sumou unha nova vitoria que o mantén de líder. Nesta ocasión a vítima foi ante o Sada, que perdeu pola mínima en San Lázaro ante un Noia que xogou ben pero acabou pedindo a hora.
No 26, Fran, tamén do Sada, mandou outro con intención disparo fóra. Antes do descanso, o Sada tería outra ocasión nun remate de Quintela que o porteiro do Noia desviou a córner.

O Ribeira realizou onte contra o Mugardos un bo partido que non se viu reflectido no marcador da Fieiteira ao finalizar os 90 minutos. Os celestes comezaron controlando o encontro e marcaron no minuto 22. Ademais, no 30, Manuel Millán realizou un disparo que se foi rozando o poste. Alberto tamén tivo unha chegada clara pero o seu tiro desviouno o meta visitante, Marcos, que foi o mellor do partido.
O empate dos ferroláns chegou nunha falta que Dani rematou de cabeza. O Ribeira seguiuno intentando ata o final con tiros desde fóra da área pero Marcos evitou que entrasen.

http://youtu.be/ijcSUc1jjQw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.