Tras unha xuntanza realizada en Santiago e na que participaron todas as partes implicadas no proceso de comercialización do peixe do cerco, chegouse a un acordo que se comezará a aplicar nas próximas semanas de maneira experimental. Se no prazo de dous meses comproban a eficacia do sistema establecerase así para este ano.
Básicamente trátase de facer unha pesca responsable e unha boa comercialización, o que levaría a un mellor futuro da flota.
Os conxeladores lograron salvar as súas diferencias, non así os cerqueiros, as dúas asociacións maioritarias en Galicia Cerqueiros Galegos e Acerga son incapaces de limar asperezas. Os representantes de Acerga marcharon da reunión, o que non gustou ó resto de participantes.
https://www.youtube.com/watch?v=gb3xLnoYQ_A