FEIJÓO presenta ante grandes empresas do audiovisual o potencial de GALICIA para crear contidos con “SELO GALEGO E VOCACIÓN INTERNACIONAL” para contribuír “NA IDADE DE OURO DAS SERIES”

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe na inauguración do Conecta Fiction e ante grandes empresas do audiovisual o potencial de Galicia para “crear contidos exitosos”. Neste senso, indicou que a “ficción con selo galego” e a “vocación internacional” constitúen “o noso produto” para contribuír “na idade de ouro das series”.
Así, durante o acto Feijóo destacou que a Comunidade galega conta con máis de 30 empresas dedicadas á produción de cine e televisión, que xeran 2.500 postos de traballo directos

Ao longo da súa intervención, o presidente do Goberno autonómico afirmou que con Conecta Fiction, Galicia presenta a súa candidatura para ser a ponte que una os sectores audiovisuais de América e Europa. Feijóo resaltou que Conecta Fiction, no que se dan cita preto de 400 profesionais acreditados -entre creadores, produtores, distribuidores e demais profesionais do sector- procedentes de 20 países, nace para ser un gran mercado de ideas que una ambas as dúas beiras do Atlántico.
Non en van, neste encontro danse cita os catro grandes grupos de televisión de España, tanto públicos como privados; os principais grupos televisivos do mundo como HBO, Netflix ou Amazon, ademais de Univisión, a Fox, a RAI e a ZDF; produtoras como Gaumont Endemol e distribuidoras como ITV ou Sony Pictures. “E aquí está tamén o talento galego”, dixo, destacando os dez proxectos internacionais e seis nacionais que se presentarán ante importantes inversores tras un proceso de selección previa.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.