O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que no último semestre do ano se atenderán 3000 dependentes máis e reiterou o obxectivo de que ao final da lexislatura, ademais da posta en marcha da construción de sete novas residencias nas cidades, que crearán 900 prazas, sexan 60.000 os dependentes atendidos.
En resposta ás preguntas dos grupos no Pleno da Cámara galega, Feijóo afirmou que neste 2017 hai máis prazas sostidas con fondos públicos que na época de bonanza económica, “un 34% máis”; o triplo de dependentes atendidos, pasando de 14.000 a 48.775; e a atención no fogar multiplicouse por seis.