Medio rural convoca a VIII EDICIÓN DOS PREMIOS AGADER para recoñecer as mellores iniciativas de desenvolvemento rural

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución do Consellería do Medio Rural pola que se convoca a VIII edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural. O orzamento previsto é de 80.000 euros repartidos en cinco premios e un de carácter especial para o proxecto encabezado por mozos que optan polo rural para establecer o seu medio de vida. As contías irán dos 25.000 euros para o primeiro premio ata os 5.000 para o quinto.

Con estes galardóns preténdese premiar a aquelas actuacións que impulsen o tecido socioeconómico do agro e que fomenten a xeración dunha sociedade rural máis dinámica e cohesionada. Poderán concorrer aquelas iniciativas de desenvolvemento rural de persoas físicas ou xurídicas –sexan públicas ou privadas– que se localicen en Galicia e que foran executadas con carácter previo á publicación da convocatoria. Os candidatos teñen un mes, contado a partir de mañá, para presentar as solicitudes preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta en https://sede.xunta.gal.

Criterios de valoración
O xurado valorará que as iniciativas presentadas contribúan á actividade económica do territorio no que se desenvolven e o nivel de creación de emprego. Tamén se avaliará o seu grao de sustentabilidade económica, medioambiental e sociocultural, así como outros aspectos, como a incorporación e inserción laboral da muller.

Pódense consultar as bases do concurso na seguinte ligazón:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170612/AnuncioO90-020617-0001_gl.html

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.