Os representantes de máis de 35 canles de televisión de referencia internacional daranse cita en Santiago do 20 ao 23 de xuño para asistir a Conecta FICTION, primeiro encontro dedicado á coprodución de ficción televisiva (series e miniseries) entre Europa, Latinoamérica e Estados Unidos.
A Xunta de Galicia, o ICEX España Exportación e Inversiones e a Fundación SGAE promoven esta primeira edición do evento, baixo a produción de Inside Content, para a que xa están acreditados máis de 350 profesionais de 20 países.
Atópanse entre eles directivos de cadeas e plataformas de televisión, produtoras, distribuidoras, empresas inversoras, de servizos e asesorías xurídicas, ademais de creadores, guionistas e axentes de vendas. Así, Conecta FICTION reunirá en Galicia marcas tan coñecidas como Arte, Atresmedia, Fox Networks Group, France Televisión, HBO, Mediaset, Movistar+, Netflix, Radio Televisión Española, RTP de Portugal, Sony Pictures TV, Telemundo, Televisa, Televisión Nacional de Chile, Turner Latin America, TV Azteca e Univisión, entre moitas outras.
Conecta Fiction reúne en Galicia máis de 35 canles internacionais de televisión na procura de series para coproducir
Please login to join discussion